|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actualidade do Clube Baloncesto Baiona
O SENIOR MASCULINO CAMPIÓN DA COPA DVB
O Clube Baloncesto Baiona Anfaco pon o broche final a unha nova exitosa tempada proclamándose campión da Copa DVB o Senior Masculina nun emocionanate encontro que se decidíu a favor dos xogadores de Seve Castiñeiras nos últimos instantes por un ajustado marcador de 54 a 51. A pesar de estar por diante dende os primeiros minutos do encontro e chegar ao descanso cunha renda de 14 puntos, os baioneses tiñan enfronte a un duro rival. o Oh! Vigo, que non baixou os brazos e no segundo tempo seguíu pelexando ata porse a un só punto, 46 a 45 a falta de 3 minutos para a conclusión, pero o acerto nos intres finais inclinou a balanza do lado dos de Baiona, que consiguen así o seu 2º título de Copa nas últimas tres tempadas.
A Próxima tempada o Clube Baloncesto Baiona cumpre 10 anos de historia e a directiva loitará para conseguir apoios económicos necesarios para que tanto os equipos masculinos como feminino podan desputar a liga autonómica que conseguiron alcanzar traballando todo o ano e que gañaron a base de esforzo e sacrificio.
Cérrase así outra tempada na que os triunfos das categorías inferioros foron numerosos:
* Senior masculino: Campión de Copa DVB e 3º el Liga DVB
* Senior feminino: Campión de Liga DVB e Subcampión de Copa Galicia
* Junior masculino: Campeón de Copa y Liga
* Cadete masculino: Subcampeón de Liga DVB
* Cadete feminino: 3º en Liga DVB
* Infantil masculino: Semifinalista de Copa DVB
* Infantil feminino: Campión de Copa e Subcampión de Liga DVB
* Alevín masculino: Subcampión de Liga DVBActualizado 24/06/2009
Este venres día 12 de xuño terá lugar a asamblea xeral do Clube Baloncesto Baiona. Será no Pavillón Municipal de Baiona ás 20.00 horas en primeira convocatoria e as 20.30 horas en segunda convocatoria. A orde do día será:
1.- Estado actual do clube.
2.- Integración e apoio na captación de patrocinadores.
3.- Presentación da tempada 2009/2010.
4.- Rogos e preguntas.
Por favor, rógase a asistencia de tódo-los pais, nais e socios pois a viabilidade e continuación do clube dependerá das decisions que se tomen nesta asamblea.
Recibide un saúdo, atentamente, a Xunta Directiva.Actualizado 11/06/2009
CAMPUS BALONCESTO 2009
Un ano máis, o campus de baloncesto fai a súa posta en escena. Dende o 29 de xuño e ata o 3 de xullo rapaces de entre 6 e 17 anos de idade poderán participar nel, onde convidados coma Fernando Zapata (Xefe de Servicios Médicos de FEB ) e Tamara Abalde (xogadora do Rivas Ecópolis) farán as delicias de tódolos participantes.
No espacio reservado nesta web na marxe esquerda podedes obter toda a información do campus e descargar a ficha de inscripción.
Animádevos a participar e desfrutar de outra maneira do baloncesto, esperámosvos a todos no Pavillón Municipal de Baiona.Actualizado 10/06/2009
O SENIOR MASCULINO NA FINAL DA COPA DVB
O conxunto dirixido por Seve acadou a final da Copa DVB. Tra-la victoria lograda este domingo fronte o Canteiras na volta das semifinais por 66 a 52, os nosos terán que voltar a enfrentarse ao Oh! Vigo unha vez maís se queren leverse o trofeo.
Esta terá lugar o domingo 21 de este mes, e as intalacións están por decidir, pois dependen da Delegación Viguesa de Baloncesto. Iremos ofrecendo máis información nos próximos días.Actualizado 10/06/2009
CRISTINA ÁLVAREZ E RAQUEL GONZÁLEZ CAS SELECCIÓNS ZONAIS
Nova concentración das Seleccións Zonais en A Coruña, onde o C. B. Baiona terá representación por partida dobre. Cristina Álvarez, adestradas por David Martínez e Carla Da Cunha, ambos deste clube, estará ca Infantil Feminina que terá que enfrontarse nesta ocasión á Selección de Lugo e á Selección de A Coruña. Dita cita será o sábado día 13 de Xuño nos pavillóns de Riazor de A Couña.
Da mesma maneira, a Alevín Feminina contará con Raquel González, xogadora do Benxamín Baiona Anfaco, que se enfrontará igualmente ás Selección de Lugo e A Coruña tamén nesta cidade o mesmo día pero no pavillón da Sardiñeira.
Moita Sorte a ambas!!
Actualizado 10/06/2009
O JUNIOR MASCULINO CAMPIÓN DA COPA DVB 2009
O noso junior masculino ven de proclamarse campión da Copa DVB ao imporse ao Canteiras Porriño por 39 - 43 na final desputada o sábado no Municipal de Tui.
Noraboa aos nosos polo traballo realizado durante esta dura tempada. Dende o clube esperamos que outros equipos como o Infantil Masculino e o Infantil Feminino tomen nota disto para lograr as súas respectivas copas zonais.
Actualizado 08/06/2009
DOADA VICTORIA DA U18 FRONTE A PORTUGAL
As rapazas dirixidas por Carlos Colinas impuxéronse de maneira contundente á U20 de Portugal por un 69-42 na maña dominical ante un pavillón de Baiona que rexistrou unha boa entrada.
As rápidas transicións defensa-ataque das nacionais e a intensa defensa durante o encontro fixo que as portuguesas tan só aguantasen no encontro os dez primeiros minutos.
Agora as rapazas desfrutarán dunha semán de descanso para preparar os exames de selectividade, tralos que viaxarán con destino a Suecia onde se desputará o Europeo Feminino U18.Podedes obter máis información no enlace http://www.feb.es/NoticiaDesarrollo.aspx?idNoticia=27121
Actualizado 08/06/2009
A SELECCIÓN ESPAÑOLA U18 XOGARÁ NO MUNICIPAL DE BAIONA
O domingo día 7 de xuño as 12.00 horas, a Selección Española U18 desputará un encontro amistoso no Pavillón Municipal de Baiona fronte a Portugal.
As rapazas adestradas por Carlos Colinas concentrarase en Pontevedra entre os días 31 de maio e 16 de xuño de cara a viaxar ata Aragón e participar, entre os días 20 e 21 de xuño, nun Torneo. Posteriormente, a preselección viaxará ata Suecia para acometer a recta final de preparación para o Europeo U18 Feminino, que terá lugar neste país entre o 2 e o 12 de xullo.
Este encontro no noso pobo servirá como preparación para estos duros meses que lle esperan ás rapazas. Esperamos encher o pavillón a tope de maneira que se sintan o máis posibel na súa casa.
Actualizado 19/05/2009
OBXECTIVO CONSEGUIDO: ASCENSO A AUTONÓMICA
Pese a cair derrotadas fronte a Calasancias Coruña nas semifinais da Copa Galicia, as nosas rapazas do senior feminino conseguiron o ansiado ascenso á competición autonómica.
A partires de agora, o Clube Baloncesto Baiona ponse mans a obra para intentar que o feito fágase realidade pois o pouco presuposto do que se dispón a diá de hoxe fai imposibel este ascenso. Para elo, búscase patrocinador de maneira urxente pois aínda que o clube quere con todo o corazón seguir adiante con este logro, sen a colaboración dunha entidade que poña a súa imaxe para viaxar por Galicia adiante non poderá ser posibel.
Esperemos que se poida facer realidade!Actualizado 28/05/2009
NON PUIDO SER PARA NINGÚN DOS DOUS
Fin de semán agridoce para algúns dos conxuntos do noso clube pois os resultados non acompañaron.
O senior feminino gañou por dous puntos a Calasancias de A Coruña no encontro de volta das semifinais da Copa FGB, pero non foron suficientes para pasar a eliminatoria pois na casa caíron derrotadas por 5 puntos na ida. Desta maneira despidense da competición ca espiña cravada pois o arbitraxe recibido en A Coruña non foi todo o bo esperado.
Por outra banda, o conxunto alevín masculino ven de quedar segundo da liga DVB tras perder na final fronte o Seis do Nadal. A eliminatoia complicouse moito no partido de ida o cair derrotados por 19 puntos, e sendo case que imposibel remontar a diferenza acadada polo conxunto vigués.
De todos modos, so queda dar a noraboa a ambos conxuntos pola boa clasificación acadada esperando un gran futuro destes conxuntos.Actualizado 19/05/2009
CRÓNICA DAS SEMIFINAIS DO SENIOR FEMININO E DO ALEVÍN MASCULINO
As rapazas do senior feminino nos foron quenes de ganarlle o Calasancias de Coruña na casa no partido de ida das semifinais de Copa Galicia desputado este fin de semán en Baiona. O rebote e o intenso xogo das xogadoras junior do conxunto coruñes convocadas para a cita fixo que as da casa rematasen o encontro cansas e cunha diferenza de 5 puntos abaixo no marcador, que deberán rentabilizar no encontro de volta que se desputará este sábado día 16 en A Coruña ás 19.00 horas se queren meterse na final e facerse co ascenso a autonómicas.
Respecto os alevíns masculinos, dicir que a partires de maña xoves 14 as 20.00 horas no Pavillón Municipal de Baiona desputará o encontro de ida da final da Liga DVB, onde terán como rival ao Seis do Nadal. O encontro de volta desputarase no colexio vigués o sábado 16 as 12 horas.
Dende o clube desexámoslles moita sorte a todos eles!Actualizado 13/05/2009
O BAIONA MARIO PUENTES CLASIFICADO PARA AS SEMIFINAIS DE COPA GALICIA
Nova victoria das nosas rapazas do senior feminino fronte a Peleteiro por 58 a 46 no encontro de volta de cuartos de final da competición autonómica. As nosas volveron a mostrar a súa superioridade sobre o conxunto santiagués que xa amosaran no partido de ida.
A partires deste fin de semán terán que enfrentarse ao Maestro Mateo Diseño Calasancias nas semifinais que non se presentan nada sinxelas coñecendo ao equipo coruñes. Duro encontro para as nosas que terán que esforzarse ao máximo e sacar o mellor delas para lograr o ascenso a autonómicas para a próxima tempada. Recordar que as duas finalistas ascenden directamente. Na outra semifinal enfrentaranse Noia e Basket Coruña.¡Ánimo rapazas, que xa queda pouco para acadar o obxetivo!
Actualizado 4/05/2009
OS ALEVÍNS MASCULINOS DIRECTOS HACIA O TÍTULO DE LIGA
Ca victoria sobre o C. B. Tui Seta nas semifinais la liga zonal, o Baiona Anfaco alevín masculino dirixido por Manuel Bouzas e Juan Raposeiras terá que verse as caras co Caixanova Seis do Nadal, que deu a sorpresa o derrotar ao Canteiras Porriño este fin de semán.
A boa campaña ata o momento deste equipo do C. B. Baiona empeza a dar os seus frutos, polo que só queda realizar o traballo ata o final de maneira que o título veña para a nosa vila.
Moita sorte rapaces, e a por eles que xa queda pouco.Actualizado 4/05/2009
CRISTINA ÁLVAREZ E PAULA BALBOA CA SELECCIÓN INFANTIL FEMININA
Nova concentración das Seleccións Zonais en Porriño, onde o C. B. Baiona terá representación por partida dobre. Cristina Álvarez e Paula Balboa, adestradas por David Martínez e Carla Da Cunha, ambos deste clube, estarán ca Infantil Feminina que terá que enfrontarse nesta ocasión á Selección de Ferrol e á Selección de Santiago. Dita cita será o venres día 1 de Maio nos pavillóns municipais de Porriño.
Moita sorte aos nos@s!Actualizado 30/04/2009
O IV TORNEO DE MINIBASLET CAIXANOVA DA O SEU PISTOLETAZO DE SAÍDA
Ca presentación oficial do torneo celebrada no salón de plenos do Concello de Baiona, o IV Torneo de Minibasket 2009 queda visto para sentenza. Só queda vestir as pistas de gala para que o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona acolla a 40 equipos de toda Galicia, España e Portugal que neste fin de semana de Abril farán do pobo unha festa. Animación, entretemento, agasallos, sorteos, deporte e sobre todo baloncesto fundiránse en un para que todos os afeccionados desfrutemos deste pequenos atletas, esperando que algún día poidamos velos xogando no máis alto.
Dende a organización somente queda dirixirnos aos participantes desaxándolles a maior sorte do mundo, tendo a convicción de que será unha gran experiencia para eles.Actualizado 15/04/2009
LOUIS BULLOCK MANDOU UN SAÚDO PARA OS PARTICIPANTES DO IV TORNEO DE MINIBASKET
Este ano contamos con numerosas colaboracións e ánimos por parte de xogadores e ex-xogadores de élite, e entre elas destaca a de Louis Bullock, que esta mesma semán quixo colaborar connosco mandando un agarimo para os participantes do IV Torneo de Minibasket Caixanova.
Esperemos que colaboracións coma estas sirvan para que os rapaces saquen o mellor deles neste fin de semana.Actualizado 14/04/2009
O SENIOR FEMININO E O CADETE MASCULINO XA TEÑEN RIVAIS PARA COPA GALICIA
Tras o sorteo deste luns nas instalación da Federación Galega de Baloncesto, os conxuntos senior feminino e o cadete masculino xa coñecen os seus rivais para os cuartos de final de Copa Galicia.
O senior feminino terá que enfrentarse a Peleteiro de Santiago, sendo o encontro de ida o fin de semán so 26 de abril e a volta o 3 de maio. Cabe destacar que nos e Peleteiro somos os únicos que desputaremos cuartos de final pois o sorteo puro saíu deste xeito. O non haber equipos suficientes tres conxunos entraban directamente en semifinais, e non estamos moi contentos no clube pois un segundo dunha delegación desputará a final o cuadrar ambos nunha semifinal.
Rspecto o cadete masculino, que ven de quedar cuarto no torneo do 6 do Nadal o o perder fronte Oporto por un punto na loita polo 3º posto, enfrentarase o Eduardo Blanco Amor de Ourense, sendo o encontro de ida o domingo 19 de abril as 18.00 horas en Baiona e o 26 de abril en Ourense.
Moita a sorte a os dous conxuntos e ánimo para o senior feminino que pode lograr o ascenso a Autonómica.Actualizado 14/04/2009
PRESENTACIÓN E TORNEO DE TIRO POR PARELLAS DO
IV TORNEO DE MINI CAIXANOVAO vindeiro martes 14 de abril terá lugar a presentación do IV Torneo de Minibasket Caixanova, onde a organización realizará os sorteos dos diferentes grupos. A partires de entonces poderedes obter toda a información do torneo na marxe esquerda desta web clickando no cartel amarelo do evento. Será no salón de plenos do Exmo. Concello de Baiona ás 13.00 horas.
Xa o mércores 15 de abril e como antesala do Minibasket Caixanova, terá lugar o xa típico Torneo de Tiro por Parellas, onde a partires das 17 horas e ata as 19.00 horas poderemos divertirnos tanto pais coma nenos acompañados dos xogadores do Gestibérica Vigo e as xogadoras do Celta Indepo.
Será no Pavillón Municipal e teremos Concurso de Tiro por Parellas, Concurso de Tiros Libres, Concurso de Mates e Concurso de Entradas. Deberedes inscribiros antes do 13 de abril no Pavillón de Deportes, no teléfono 986356558 ou no correo deportes@baiona.org. ¡As prazas son limitadas!
Actualizado 07/04/2009
O CADETE MASCULINO PARTICIPARÁ NO II TORNEO INTERNACIONAL DO SEIS DO NADAL
O Cadete Masculino dirixido por "Pampi" desputará o II Torneo Internacional do Seis do Nadal onde defende liderato xa que na tempada pasada logrou facerse co I Torneo organizado polo clube vigués. Estará encadrado na Serie 'A' onde se enfrentará o Seis do Nadal, o F.C. Oporto, Rosalía de Castro, Basket Coruña e C. B. Vigo. Desputarase no colexio Seis do Nadal o domingo 12 de abril, xogandose os grupos en horario de maña dende as 10 horas e os cruces pola tarde dende as 16 horas ata as 20.30 horas.
Dito torneo servirá para que o Cadete Masculino comece a preparar a Copa Galicia, pois a pesar de ser segundo na competición zonal, e o actual campión da competición autonómica polo que volverá a desputala.
Moita sorte aos nosos rapaces e a continuar sendo os campións.Actualizado 07/04/2009
REMATAN AS COMPETICIÓNS ZONAIS CON BOS RESULTADOS PARA OS NOSOS
Ca chegada de abril dánse por finalizadas as competicións zonais onde os resultados nos sexan en algún caso os esperados pero contentos do rendemento dos rapaces e rapazas dos diferentes conxuntos do Clube Baloncesto Baiona.
Destacar o terceiro posto acadado polos rapaces de Seve no Senior Masculino na 1ª división provincial, liga dura onde as semifinais privaronos de loitar pola primeira praza, e o 2º posto do Cadete Masculino que perderon a final fronte o Seis do Nadal.
Respecto a os outros equipos, o Junior Feminino foi 6º, esperando que na Copa DVB melloren os rexistros pois o poden facer dabondo, o Cadete Feminino logrou unha meritoria 3ª praza pois xogaron case toda a competición con 5 infantís pois algunhas cadetes non cumpriron, so adiantada por Maristas Celta e Cía. de María. O Infantil Feminino foi 2º, unha mágoa pois os despachos privárono de ser campión, e o Infantil Masculino 2º do grupo 1 da división B.
Xa en Minibasket, o Alevín Feminino fíxoselle moi grande o grupo A1 e quedou 6ª, mentres que o Benxamín foi 4º, sendo esta unha boa clasificación. Os únicos que seguen adiante son os Alevíns Masculinos que xogarán as semifinais polo título da liga DVB fronte o C. B. Tui á volta de Semana Santa.
Noraboa a todos polos resultados e a seguir traballando para colleitar éxitos en vindeiras competicións.Actualizado 07/04/2009
CRISTINA ÁLVAREZ CONVOCADA CA SELECCIÓN INFANTIL DE VIGO PARA A CONCENTRACIÓN DE OURENSE
A nosa xogadora Infantil Cristina Álvarez ven de ser convocada ca Selección Zonal de Vigo que este sábado 28 de marzo estréase na competición.
Será en Ourense, no colexio Salesianos,onde terán que medirse as Seleccións de Ourense e Arousa ás 15.30 horas e as 18.30 horas respectivamente.
Dende o Clube desexámoslle moita sorte, ao igual que aos nosos adestradores David Martínez e Carla Da Cunha responsables desta selección.Actualizado 24/03/2009
NON PUIDO SER, O SENIOR MASCULINO LOITARÁ POLA 3ª PRAZA
O noso conxunto senior masculino tentouno ata o final, pero o Ken Shop non deu o brazo a torcer e tras dous encontro de un alto nivel foron os vigueses os que lograron colarse na final da competición zonal.
Os xogadores de Seve remataron o encontro de ida cun marcador adverso de 53 a 62 onde un mal terceiro cuarto penalizou aos locais. Deste xeito chegaba o sábado co encontro de volta onde a nosa afección volveu a ser fiel e máis de cen seguidores encheron o municipal de Baiona. O Ken Shop impuxo un ritmo moi forte que facía que os nosos non tivern opcións, pero tralo descanso as cousas trocaron e ao inicio do derradeiro cuarto o Baiona Mario Puentes colocouse a 8 puntos que obrigaron aos vigueses a pedir tempo morto. Aínda podía soñarse, sen embargo a sorte non estivo con nos e uns fallos no final do encontro fixeron que o marcador final reflexase un 65 a 66 a prol dos vermellos.
Aínda así, gran sabor de boca o que deixaron os nosos ante un rival de unha gran calidade con xente de abondo para desputar a competición de 1ª Nacional Autonómica.
Agora quédanos loitar pola 3ª praza fronte o Oh! Vigo, o caer derrotado ante o Arcade Itaipú na outra semifinal. Será o sábado as 18.00 horas no Municipal de Porriño.Moita sorte aos nosos e ánimo rapaces!!
Actualizado 24/03/2009
UN ANO MÁIS ACÉRCASE O
TORNEO DE MINIBASKET CAIXANOVADende o 17 ao 19 de abril o Pavillón Municipal de Baiona volverá a ser unha festa do minibasket.
Por cuarta vez dende que naceu este evento, o IV Torneo de Minibasket Caixanova segue co obxectivo de promocionar e fomentar o deporte en xeral e máis concretamente o do Baloncesto. Mantemos a idea de traer ano tras ano aos mellores equipos nacionais e incluso estranxeiros da modalidade de cara a impulsar e facilitar a tódolos amantes do deporte de base a posibilidade de segui-las evolucións das xóvenes promesas deste deporte.
Esta nova edición, e por primeira vez, o volume alcanzado por este evento fixo que a organización se plantexase a opción de organizar o torneo en tres días con todo o que isto conleva.
Tamén un ano máis, organizarase o Torneo de Tiro por parellas que sempre estivo asociado a éste onde teremos a presencia das xogadoras da primeira plantilla do Celta Indepo.
Por suposto, todo isto non sería posible sen a axuda e a colaboración dos voluntari@s que tempada tras tempada colaboran e se involucran co Clube Baloncesto Baiona, e un ano máis, a vosa presenza será un punto importante. Dende o C. B. Baiona animamos a toda persoa interesada en colaborar (xogador@s, pais, nais, noiv@s...) que se poña en contacto co clube chamando o teléfono 986356558 en horario de maña (de 08.00 a 14.00 horas) ou nas oficinas do clube en horario de tarde (de 18.00 a 20.00 horas) para anotarse como voluntario. ¡Este ano 2009 a marea amarela debe ser a máis numerosa de tóda-las edicións!
Estade atentos a esta web, onde en breve aparecerá toda a información relativa ao torneo e as noticias relacionadas con este pois xa queda menos de un mes.Actualizado 18/03/2009
FINALIZA A LIGA REGULAR DA CATEGORÍA SENIOR MASCULINA
Unha tempada maís o Senior Masculino mellorou a posición acadada na táboa o ano pasado, pasando da quinta á terceira posición. Este posto permitiralle desputar as Semifinais da Liga DVB fronte o Ken Shop, o que tal vez é o mellor equipo da competición. Só o campión terá unha praza na fase de ascenso á Liga FGB que se desputará o próximo ano.
O encontro de ida será o xoves 19 as 20.00 horas no pavillón municipal. Vos esperamos a todos para animar aos nosos rapaces!!Actualizado 17/03/2009
O CADETE MASCULINO "A" XOGARÁ A FINAL DA LIGA D.V.B.
As victorias acadadas este fin de semán fronte o Vigo AM nas semifinais da competición zonal fixeron que o Baiona Anfaco "A" cadete masculino teña a opción de desputar a final da D.V.B. onde terá que medirse a o Seis do Nadal Coia.
Os encontro desputaranse entre o xoves día 19 e o xoves 26 de marzo, polo que estade moi atentos ao calendario de encontros na sección de "A Xornada" para ver a derradeiras datas.
Moita sorte ós nosos rapaces, que poden ser os segundos campións de Liga Zonal.Actualizado 17/03/2009
O CADETE MASCULINO "A" DESPUTARÁ AS SEMIFINAIS DA COMPETICIÓN ZONAL
O Baiona Anfaco "A" cadete masculino ven de quedar primeiro do grupo A da liga DVB, polo que a partires deste fin de semana desputará as Semifinais da competición zonal fronte o segundo do grupo B, o C. B. Vigo A.M. co factor cancha a favor.
A ida terá lugar o sábado 14 as 16.00 horas no pavillón do Berbés, en Vigo, mentres que a volta será o domingo en Baiona as 19.00 horas. Moita sorte aos nosos, esperando deles que sexan quenes de meterse na final.Actualizado 10/03/2009
A SELECCIÓN DE VIGO PROCLÁMASE CAMPIONA DO TORNEO DE SELECCIÓNS ZONAIS ALEVÍNS
A vila lucense de Sarria acolleu este sábado unha xornada de baloncesto e convivencia na que participaron as sete delegacións zonais da Federación Galega de Baloncesto coas súas seleccións de Minibasket.
En categoría feminina a final desputárona a Delegación de Vigo fronte a Delegación de Arousa, onde as viguesa leváronse o campionato grazas a un gran xogo despregado na cancha cun tanteo final de 77 a 26 gañando por KO.
Noraboa ás xogadoras deste clube que participaron no campionato, Laura de la Iglesia e Marta Valverde, e por suposto aos adestradores desta magnífica selección tamén dentro da estructura do C. B. Baiona, Manuel Bouzas e Juan Raposeiras.
Actualizado 05/03/2009
O SENIOR FEMININO DO C.B. BAIONA PROCLÁMASE CAMPIÓN DA LIGA D.V.B.
A derradeira vitoria do Senior Feminino sobre o Colexio Mariano o pasado sábado no municipal de Baiona propiciou que o noso conxunto se convertise no primeiro campión das ligas zonais da Delegación Viguesa.
Cun balance total de 9 victorias e 3 derrotas, o Baiona Mario Puentes foi quen de impoñerse os conxuntos de San José da Guía, Colexio Mariano e Airexa Nigrán mostrándose case intratable nesta fase local, o cal lle permitirá participar na Copa Galicia que nesta categoría coincide ca fase de ascenso á Liga Galega para a vindeira tempada.
A todas as compoñentes do equipo, tanto xogadoras como adestradores, nosa noraboa dende o clube, desexando que este ritmo se manteña nos seguintes meses e competicións.Actualizado 04/03/2009
ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN INFANTIL FEMININA ZONAL
Unha vez máis, Cristina Álvarez volveu ser convocada ca selección Infantil Feminina de Vigo. O adestramento terá lugar o domingo día 1 de Marzo ás 18.30 horas no Pavillón Municipal de Baiona.
Desexámolle o mellor pois a competición das seleccións infantís e cadetes está a volta da esquina.Actualizado 25/02/2009
NOVA CONVOCATORIA DAS SELECCIÓNS ZONAIS DE VIGO
Este domingo terá lugar unha nova tarde de baloncesto debido os adestramentos programados polas seleccións zonais alevín masculina e a infantil e cadete feminina, e unha vez máis, xogadores e xogadoras deste clube están convocados.
Cristina Álvarez comezará o seu traballo as 16.30 horas no Municipal de Baiona ca Infantil Feminina, mentres que outra infantil, Lara de Villalobos, está convocada ca selección Cadete Feminina ás 17.00 horas no colexio vigués de Maristas. Por último, xa as 19.00 horas no Seis do Nadal, será Daniel de Villalobos quen salte á cancha para realizar un adestramento ca alevín masculina.
A todos eles moita sorte e a desfrutar cos adestramento e a boa experiencia.Actualizado 13/02/2009
FINAL DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS ZONAIS DE MINIBASKET
O vindeiro sábado 7 de febreiro terá lugar en Sarria (Lugo) a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibasket de onde sairá os campións Alevíns masculino e feminino.
Unha vez máis, o Clube Baloncesto Baiona estará representado nas seleccións de Vigo, o estares convocado Daniel de Villalobos ca masculina e Laura de la Iglesia e Marta Valverde na feminina. Tamén adestradores do corpo técnico deste clube estará en dita fase, xa que como sabedes, Manuel Bouzas e Juan Raposeiras están ao cargo da Selección Alevín Feminina.
A todos eles e elas queremos desexarlles toda a sorte do mundo de cara a ditos encontros, esperando que aproveiten a oportunidade que reciben.
Para obter máis información sobre esta fase final podedes visitar a páxina da Federación Galega de Baloncesto www.fegaba.comActualizado 05/02/2009
A FGB APRAZA OS ENCONTROS DESTA FIN DE SEMÁN
Seguindo instruccións da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Federación Galega de Baloncesto tomou a decisión de aprazar tódolos encontros pertencentes á xornada do 31 de xaneiro e 1 de febreiro dedibo ás esperadas inclemencias do tempo. Os fortes ventos e a choiva, ante posibeis riscos de accidentes nos diferentes pavillóns e colexios da comunidade autónoma, propiciaron dita decisión. A data de xogo destes encontros aprazados ,en principio, será o día 19 de Marzo do presente ano, aínda que haberá a que esparar a novas noticias.
Actualizado 29/01/2009
CONVOCATORIA DAS SELECCIÓNS ALEVÍN E INFANTIL FEMININAS DE VIGO
Tras as vacacións de Nadal as Seleccións Zonais volven tamén o traballo. Este domingo día 18 de xaneiro as seleccións alevín e infantil femininas adestrarán no Pavillón Municipal de Baiona, a primeira delas de cara a 2ª convocatoria de febreiro, mentres que a infantil prepara a 1ª destas que será en Ourense para Marzo.
Nesta nova convocatoria, xogadoras do noso clube estarán presentes representándonos. No alevín, que adestrará as 17.00 horas, estará Laura de la Iglesias e Carmen Campos, mentres que no infantil será Cristina Álvarez xa a partires das 18.30 horas.
Moita sorte a todas elas e a aproveitar os adestramentos!Actualizado 15/01/2009
NOVO CURSO DE OFICIAL DE MESA
O vindeiro luns día 12 de xaneiro, a DVB en colaboración co C.B. Baiona, organizará na nosa localidade un novo curso de formanción para Oficiais de Mesa, dirixido a toda persoa interesada e que queira obter un diñeiro a máis. Dito curso terá lugar as 19.00 horas nas instalacións do Colexio de Covaterreña.
Actualizado 07/01/2009
O INFANTIL FEMININO PREPARADO PARA OS CRUCES
O conxunto Infantil Feminino comezará o seu cruce o vindeiro domingo día 11 no Ferrol enfrontándose o Mercedarias Hotel Suizo ás 12.00 horas da maña. A volta terá lugar o sábado seguinte día 17 no Pavillón Municipal de Baiona as 12.30 horas. ¡Moita sorte rapazas!
Por outra banda, e en principio, a o cadete feminino habíalle tocado un cruce pero todo quedou en nada trá-la confusión da FGB ó elaborar os cruces. Será finalmente o Maristas Celta o que despute ditos encontros e as nosas rapazas terán que esperar á Liga DVB co mel nos labios.Actualizado 07/01/2009
Dende o Clube Baloncesto Baiona queremos desexarlles unhas Felices Festas de Nadal e un próspero Ano 2009, desexándolles o mellor para todos e esperando que poidamos celebrar moitos anos máis estas datas xuntos.
Actualizado 24/12/2008
O INFANTIL E O CADETE FEMININOS DESPUTARÁN OS CRUCES DE ACCESO Á LIGA FGB
O conxunto Infantil Feminino, tras quedar segundo do Torneo de Apertura DVB, xogará os cruces de acceso a Liga Galega. Trá-lo sorteo realizado nas instalaciós da FGB en Santiago, as nosas deberán desprazarse a Ferrol para enfrentarse a Mercedarias Hotel Suizo na fin de semán do 10 e 11 de Xaneiro, tendo lugar a volta o seguinte fin de semán en Baiona.
Pola súa parte, o Cadete Femnino foi terceiro, pero a negativa do Maristas-Celta ó cruce, fixo que as nosas obtiveran opcións neste. Será fronte o BCA nas mesmas datas co Infantíl, sendo tamén a ida en A Coruña e a volta en Baiona.
As datas ainda nos son oficiais, polo que haberá que esperar ata xaneiro para sabelas. Dende o C. B. Baiona desexámoslles moita sorte a ambos conxuntos dirixidos por David e Noelia respectivamente, sabendo da dificultade destos.Actualizado 24/12/2008
REMATOU A 1ª PARTE DESTA TEMPADA, E CON ELA OS TORNEOS DE APERTURA
Os Torneos de Apertura da DVB chegan o seu fin nestas datas de Nadal, e os conxuntos Junior, Cadetes e Infantís rematan as súas competicións con eles.
O Junior Masculino foi 1º do Torneo de Apertura, o que lles permitiu xogar o cruce xa gañado co conxunto coruñes de Cía. de María. Pola súa banda, as rapazas do Junior Feminino dirixidas por Xosé tan só lograron unha 6ª praza na táboa, e que é bastante meritoria vistos os equipos desta categoría.
Xa na categoría Cadete, os rapaces do Cadete “A” foron 3º tras gañar na final de consolación fronte o C. B. Tui, polo que non terán a opción de loitar polo acceso a Liga Galega. Pola súa banda, o Cadete “B” foi 5º na división B do Torneo de Apertura. O Cadete Feminino logrou unha terceira praza que lle permitirá xogar os cruces de acceso a Liga Galega pois o segundo clasificado, Maristas-Celta, rechazouna.
Por último, o Infantil Masculino foi 4º na división B do Torneo de Apertura, mentres que o Infantil Feminino foi segundo o caer derrotado únicamente polo Canteiras “A”, o cal lle permite disputar os cruces de acceso para a Liga FGB.
Os conxuntos que teñen dereito a cruces disputaranos as fines de semáns do 10, 11 e o 17, 18 de Xaneiro. O resto, comezarán as súas respectivas Ligas DVB a partires do 24 de Xaneiro. Ata entón, pasadeo ben e desfrutade das vacacións de Nadal cas ansias de voltar os adestramentos o vindeiro ano 2009.Actualizado 24/12/2008
O JUNIOR MASCULINO CLASIFICADO PARA LIGA GALEGA
O conxunto dirixido por Seve logrou a clasificación para Liga Galega ó imporse por 54 a 44 a o Compañía de María de A Coruña este domingo pasado no encontro de volta que se desputou en Baiona. Os nosos rapaces foron quenes de levar un enfrentamento que ata o descanso foi moi igualado, pero que a partires do terceiro cuarto decantouse definitivamente hacia o conxunto baionés. Unha defensa agresiva e contraataques rematados co balón dentro do cesto foron as claves para que o C. B. Baiona lograse tan ansiada victoria sobre os coruñeses.
Desta maneira, o Baiona Mario Puentes quedará encadrado no grupo A da liga autonómica , no cal terá que verse as caras co Peleteiro, Cidade de Lugo 91, Canteiras "A", ATV Telecomunicacións Vigo e o Maristas Ciudad Vigo Basket. Precisamente contra estes últimos comezarán a súa andadura o domingo 11 de Xaneiro no Colexio Maristas de Vigo.
Dende o clube queremos desexarlle moita sorte ós nosos rapaces nesta competición que a partires do próximo ano dará comezo.Actualizado 24/12/2008
CONVOCATORIA DA SELECCIÓN
ALEVÍN FEMININA DE VIGOAs xogadoras alevíns do noso clube Marta Valverde e Laura De La Iglesia, adestradas no Baiona Anfaco por Carla Da Cunha, estarán convocadas ca Selección Alevín Feminina de Vigo o vindeiro sábado 20 de decembro para a 1ª Convocatoria de Seleccións Zonais que se desputará en Vilagarcía de Arousa e que enfrentará ás Seleccions de Vigo, Ourense e Arousa e a un combinado de xogadoras desta última delegación.
Nesta Selección de Vigo tamén estará representado o C.B. Baiona no banquillo, pois o cuadro técnico está formado por Manuel Bouzas e Juan Raposeiras. Moite sorte a todos/as eles/as desexándolles que a experiencia sexa moi positiva.
Actualizado 16/12/2008
JUNIOR MASCULINO: CRUCES
CLASIFICATORIOS PARA LIGA GALEGAO junior masculino sólo foi que de colleitar un empate a 57 no partido de ida dos cruces clasificatorios para Liga Galega que os enfrentou ó conxunto colexial de Compañía de María de A Coruña nunha tarde de domingo xélida en Riazor.
Os nosos realizaron un encontro bastante completo, e incluso chegaron a remontar un marcador adverso no derradeiro período do encontro cando estaban 15 abaixo, sen embargo un arbitraxe bastante caseiro e deficiente para un partido desta índole privou aos nosos de voltar a casa cun marcador máis favorable.
Este domingo, asi pois, tocará traballar duro para acadar tan ansiada clasificación, esperando os nosos rapaces que os afeccionados acompañen ó equipo cos seus berros e aprausos. Será as 12.30 horas no Pavillón Municipal de Baiona, onde ata a data os junior están imbatidos. ¡Esperamos os vosos ánimos!Actualizado 15/12/2008
NOVA XORNADA SOBRE NUTRICIÓN NO
DEPORTE NO CEIP CHANO PIÑEIROUnha vez máis, e con motivo da campaña que o C.B. Baiona e Anfaco leva a cabo dende Novembro sobre nutrición e bos hábitos no deporte, catro das xogadoras do Celta Indepo visitaron un dos colexios da zona do Val Miñor, o CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, onde realizaron unha charla informativa en primeira estancia para rematar cunha amigable convivencia cos rapaces do colexio xogando a este deporte.
Este acto foi aproveitado polo noso clube para fomentar o baloncesto entre os máis pequenos e captar a atención destes hacia este deporte que cada vez move máis afección.
Esperamos que os rapaces aprendesen algo e sobre todo que o pasasen en grande ca pelona nas mans.
Actualizado 12/12/2008
O C.B. Tui organizará un triangular de lendas entre xogadores veteranos do Real Madrid, o propio C.B. Tui e o Gestibérica Vigo que terá lugar no novo Pavillón Municipal de Tui o sábado día 20 de decembro ás 19.30 horas. O prezo das entradas será de 9 € para os adultos de de 5 € para os menores.
Dende o C.B. Baiona animámovos a que asistades a un evento que de cara será entretido, desexándolle o C.B. Tui moita sorte na organización deste.Actualizado 10/12/2008
JUNIOR MASCULINO:
CRUCES CLASIFICATORIOS
PARA LIGA GALEGAO junior masculino xa ten rival de cara os cruces clasificatorios para obter unha praza en Liga Galega. Tras quedar como conxunto invicto no Torneo de Apertura da Delegación Viguesa, o sorteo realizado onte nas instalacións da F.G.B. deunos como rival o Compañía de María de A Coruña. A ida desputarase en A Coruña o domingo 14 de decembro, mentres que a volta terá lugar tamén na xornada dominical do 21 de decembro as 12.30 horas no Pavillón Municipal de Baiona. O gañador deste cruce obterá unha praza directa para a competición autonómica que dará comezo en xaneiro.
Xunto con este cruce, outros 14 equipos enfrentaranse para obter 8 prazas para Liga Galega. Estes oito conxuntos, xunto cos catro clasificados directos do Grupo Especial dividiranse para formar dous grupos que a partires do novo ano 2009 disputarán a máxima competición autonómica na categoria junior.
Así pois, só cabe esperar que as numerosas baixas que ten o grupo de Seve estén recuperadas o máis rápido posibel e moita sorte de cara o cruce!Actualizado 03/12/2008
¿QUERES SER OFICIAL DE MESA E
OBTER UN DIÑEIRO EXTRA?O Comité Vigués de Árbitro, en colaboración ca Delegación Viguesa de Baloncesto, ten previsto organizar cursos de formación para oficiais de mesa para os encontros oficiais da Delegación de Vigo. Se están interesado en obter un diñeiro extra durante as fins de semáns e che gusta o baloncesto, no o penses, esta é a túa oportunidade.
Para inscribirte, o para máis información, podes chamar o número de teléfono 607266280 ou na dirección clubbaloncestobaiona@gmail.comActualizado 26/11/2008
CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN ALEVÍN MASCULINA DE VIGO
O vindeiro sábado día 29 de Novembro terá lugar a convocatoria da Preselección Alevín Masculina de Vigo. Será ás 16.15 horas no colexio Compañía de María de Vigo e dous xogadores deste clube están convocados: Daniel de Villalobos e Alejandro Rodríguez.
Cabe destacar neste inicio de tempada que 11 xogadores/as do C. B. Baiona foron xa convocados nalgún intre polas preseleccións de Vigo: Cris e Paula (Infantil), Leti, Laura, Marta e Carmen (Alevín) e Joaquín, Miguel, Dani e Álex (Alevín). Dende a dirección do clube desexarlles a máxima sorte esperando que figuren a maioría deles nas listas definitivas para os torneos.Actualizado 26/11/2008
AS SELECCIÓNS ZONAIS DA DELEGACIÓN
DE VIGO COMEZAN O SEU TRABALLOA partires desta fin de semán, e ata que remate a tempada, a Delegación Viguesa de baloncesto e os seleccionadores desta comezarán a traballar de cara as distintas convocatorias que a F.G.B. organizará de Decembro en adiante.
As Seleccións Alevíns terán que competir a partires de Decembro. As Infantiles o farán en Marzo e en Xuño por dúas veces, o igual cas Cadetes que irán da mán das anteriores en tódalas concentracións.
Para esta campaña, a Dirección Técnica da Delegación Viguesa contará con dous técnicos deste clube para levar dúas de estas seleccións. Manuel Bouzas será o responsable da Selección Alevín Feminina, mentres que David Martínez farase cargo da Selección Infantil Feminina. Ámbolos dous contarán ca axuda de Juan Raposeiras na Alevín, e Carla Da Cunha na Infantil, ambos tamén do C.B. Baiona. Estes comezarán a adestrar este fin de semán. Manuel o fará o Domingo 16 as 12.30 horas no Pavillón Munic. de Baiona, mentres que David farano o mesmo día no mesmo lugar pero ás 19.00 horas.
Noraboa a ambos, esperamos que teñan unha boa experiencia e logren bos resultados cos seus respectivos conxuntos.Actualizado 13/11/2008
OS "PEQUES" DO CLUBE COMEZAN AS
SÚAS RESPECTIVAS COMPETICIÓNSEsta fin de semán dan comezo as competicións alevíns e benxamíns da Delegación Viguesa de Baloncesto.
O conxunto Benxamín Mixto, encadrado no grupo "A" da previa DVB, xogará o seu primeiro encontro lonxe da casa. Será en O Porriño frente o Canteiras. Pola contra, o Alevín Feminino debutará na casa fronte o Compañía de María Vigo, ambos conxuntos encadrados no grupo "B" da previa DVB.
Por desgraza, ainda non poderemos desfrutar do Alevín Masculino xa que esta xornada tócalle descansar. O equipo dirixido por Manuel e Juan xogarán a próxima xornada no Pavillón de Baiona fronte ó Seis do Nadal "A".
Moita sorte para eles, e a traballar pois sodes o futuro do clube.Actualizado 04/11/2008
CONFERENCIAS SOBRE NUTRICIÓN
E VIDA SAUDABLE NO DEPORTEO C. B. Baiona, Anfaco e o Gestibérica Vigo, virá organizando unhas conferencias sobre "Nutrición e vida saudable no deporte" no Colexio de Covaterreña e no IES 1º de Marzo para os alumnos destes centros.
Estas conferencias tratarán fundamentalmente sobre a importancia da nutrición no deporte e como repercuten as conservas de pescados e mariscos nesta. Os encargados de levalas a cabo serán os xogadores da primeira plantilla do Gestibérica Vigo, equipo da LEB Prata, e nutricionistas da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco). Estas terán lugar o Xoves 6 de Novembro no Salón de Actos do Colexio de Covaterreña as 10.30 horas e o Martes día 11 de Novembro no Salón de Actos do IES 1º de Marzo ás 11.00 horas.
Actualizado 03/11/2008
O vindeiro Domingo 26 de Outubro ás 11.00 horas da maña, o Clube Baloncesto Baiona realizará a presentación oficial da tempada 2008 - 2009 no Pavillón Municipal de Baiona.
Os conxuntos das distintas categorías realizarán as fotos de equipo e de clube, que posteriomente aparecerán nesta web e nos carteis do clube.
Trala presentación, poderemos animar ós rapaces do Junior Masculino que disputarán frente o ATV Vigo un encontro decisivo para as aspiracións deste equipo para meterse en Liga Galega. Isto xa será as 12.30 horas, podendo disfrutar dunha boa maña de baloncesto no Municipal.Actualizado 20/10/2008